2 agosto, 2024
O concello de Tui denunciou unha serie de actos vandálicos nas pistas municipais de tenis de Areas, que se repiten nestas instalación causando numerosos destrozos. Antes este feitos o este presentou esta mañá denuncia no cuartel da Garda Civil, mentres que previamente a Policía Local personouse no lugar tras recibir a comunicación dos festios e elaborou o correspondente informe.
Hoxe, en concreto, apareceron diversas pintadas nas instalacións anexas ás pistas. Amais rexistrouse a rotura dos pomos das portas e unha ventá rota e as redes das pistas foron atopadas nas inmediacións entre a maleza e faltan os postes que as suxeitan. Por outra parte unha cadeira apareceu colgada da porta principal e outras tres penduradas por un cable nunha ponte próxima.
«Dende o Concello de Tui laméntase estes feitos, que se teñen rexistrados xa noutras ocasións nestas instalación, e saliéntase a repercusión negativa que os mesmos teñen tanto na actividade deportiva do club de tenis, como no gasto de fondos municipais que conleva para repor o material deteriorado. Faise amais un chamamento á responsabilidade e o civismo agardando que estes actos vandálicos no se volvan producir», sinalaron dende o consistorio.