
16 noviembre, 2025
Cada ano, arredor de 500 familias galegas viven a experiencia dun parto prematuro. Estes bebés, que nacen antes das 37 semanas de xestación, afrontan retos complexos que, se non se abordan de forma temperá, poden marcar o seu desenvolvemento. Problemas de succión e deglutición non tratados poden comprometer a nutrición, a lactación e a futura capacidade comunicativa.
Con motivo do Día Mundial do Prematuro, que se celebra mañá, o Colexio Profesional de Logopedistas de Galicia (CPLGA) reclama que a avaliación e intervención logopédica formen parte da rutina das unidades neonatais nos hospitais públicos galegos. A realidade, denuncian, é que a atención logopédica aos prematuros en Galicia é case inexistente. “En Galicia non é frecuente a presenza de logopedistas nas unidades neonatais ou nas UCIN. Nalgúns hospitais, como o Cunqueiro ou o Provincial de Pontevedra, hai profesionais que traballan con bebés ingresados, pero noutros, como no Clínico de Santiago, estamos tres logopedistas e case non recibimos peticións para valorar aos nenos”, explica Diana Gándara, presidenta do CPLGA.
Segundo Javier Bueno, logopedista do Hospital Álvaro Cunqueiro, a Guía de Saúde Infantil do Sergas recomenda derivar aos bebés pretermo menores de 32 semanas ou con menos de 1.500 gramos de peso ás unidades de Atención Temperá Hospitalaria xa na primeira revisión. “En teoría, deberían recibir atención logopédica se a precisan. A realidade, lamentablemente, é outra”, engade.
A evidencia científica respalda a intervención logopédica temperá. Permite melloras na alimentación ao coordinar succión, deglutición e respiración, facilita a transición da sonda á lactación, incluso materna, e favorece a comunicación e o desenvolvemento da linguaxe desde os primeiros días. Como subliña Cristina Fernández, logopedista no CHUS, “ás veces só se trata de avaliar e asesorar ao persoal e ás familias, pero un bo asesoramento produce avances enormes en pouco tempo”.
A presenza de logopedistas tamén fortalece o papel das familias, proporcionando ferramentas para participar activamente na estimulación do bebé, mesmo despois da alta, garantindo que a recuperación sexa integral e que os avances acadados se manteñan. O CPLGA advirte que, sen logopedistas, a atención queda a medio camiño: integrar estes profesionais nas unidades neonatais asegura unha valoración temperá, continuidade asistencial e apoio ás familias, fundamentais para un desenvolvemento óptimo dos bebés prematuros.
Militantes del BNG impiden. el día 18 de octubre de 1985, en el Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, la retransmisión del programa "La Clave" (TVE), por motivos de "discriminación". El espacio, presentado por José Luis Balbín, estaba dedicado esta semana a "La Autonomía de Galicia", habiendo invitado a representantes de todos los partidos políticos, a excepción del BNG. Fotos: EFE, MB y DS
En medio del bosque de robles más grande y bello de Galicia, a dos leguas de Santiago, se alza, en las encantadoras orillas del río Tambre, este plácido Asilo, regalado por la Condesa de Bugallal para retiro de los ancianos pobres de Viana do Bolo y Ponteareas, pueblos de los Condes. Acaba de ser inaugurado (año 1919). Fotos: J. Solá (Vida Gallega) y AG