
6 octubre, 2025
Tras a concentración do 17 de setembro diante da Consellaría de Política Social, e ante a negativa da conselleira Fabiola García a recibir representación sindical destes sectores, a CIG-Ensino anuncia un calendario de mobilizacións que se intensificará se non hai resposta da administración. Estes tres ámbitos —protección e reforma de menores, atención a persoas con discapacidade e escolas infantís 0-3— agrupan máis de 5.000 traballadores/as en máis de 500 centros por todo o país.
O sindicato, maioritario nos tres sectores, lembra que o convenio galego é a única vía para mellorar condicións laborais e salariais dun persoal que en moitos casos segue por debaixo do SMI e apenas conta con dereitos adicionais aos do Estatuto dos Traballadores. Tamén denuncia que a Consellaría mantén conxelados os módulos dos concertos sociais, tanto en discapacidade coma en menores, así como as cantidades que paga ás empresas ou concellos cando anuncia a gratuidade en infantil 0-3. Isto tradúcese en conxelacións salariais, dificultades de financiamento para asociacións sen ánimo de lucro e risco de peche de servizos ou aplicación de ERTEs.
Mobilizacións previstas
Apoios e advertencias
A situación é tan crítica que mesmo AEDIGAL, patronal da discapacidade, advertiu do risco de peche de centros se a Xunta non actualiza os concertos. A CIG-Ensino chama a entidades, empresas e outros sindicatos a sumarse ás reivindicacións, co obxectivo de mellorar as condicións laborais e a calidade asistencial e educativa.
Principais reivindicacións por sector
A) Discapacidade (200 centros, máis de 2.000 traballadores/as)
Aplicación inmediata dos incrementos salariais do XVI Convenio Estatal, que agora asumen as asociacións.
Creación dun Complemento Salarial Autonómico e negociación colectiva a nivel galego para acadar o I Convenio Galego de Discapacidade.
Mesa tripartita de diálogo coa Xunta e patronais (AEDIGAL e INRED).
B) Menores (80 centros, máis de 1.000 traballadores/as)
Aplicación inmediata das táboas salariais do V Convenio Estatal desde xaneiro de 2026, sen esperar novas licitacións.
Creación dun complemento autonómico que dignifique os salarios.
Homologación salarial entre categorías en distintos tipos de centros.
Apertura de negociación no Consello Galego de Relacións Laborais coas patronais AGACEME e GAFIX, para acadar o I Convenio Galego de Menores.
C) Infantil 0-3 (270 centros, máis de 2.000 traballadores/as)
Unificación de táboas salariais a partir de xaneiro de 2026, con base na gratuidade da Xunta, tomando como referencia as táboas do persoal de xestión indirecta.
Creación dun complemento autonómico para dignificar salarios.
Impulso dunha patronal propia nun sector moi fragmentado (actualmente só existe AGADEI).
Apertura da negociación colectiva co obxectivo de acadar o I Convenio Galego de Infantil 0-3.