3 septiembre, 2024
A Carreira pedestre popular do Pino será o vindeiro domingo día 22 de setembro. Un percorrido de 8 quilómetros que realizarán os participantes da categoría absoluta nesta décimo novena edición.
Ademais, contará con diferentes circuítos segundo a modalidade: SUB 18, SUB 14, SUB 12, SUB 9 e SUB 6. Converténdose así nun evento para todas as idades que busca tamén a diversión dos máis pequenos a través do deporte.
O primeiro pistoleiro de saída darase ás 10:00 horas na praza de Forcarei (Arca), onde tamén está situada a meta. Así comezaran os da carreira absoluta e irán saíndo de forma graduada de máis maiores ata chegar aos máis cativos.
Haberá trofeos para os e as tres primeiras de cada categoría e premios en metálico para os primeiros clubs federados, ademais os escolares recibirán todos unha medalla por realizar o percorrido.
Organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, esta proba pertence ao X Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña.