
Foto de familia dos asistentes ao acto. Foto: RAG
17 mayo, 2024
O Teatro Colón da Coruña acolleu o gran acto de homenaxe a Luísa Villalta como parte da celebración do Día das Letras Galegas, un evento no que participaron o o presidente galego, Alfonso Rueda, presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, entre outras autoridades, ademais de familiares de Villalta.
(Fotos: RAG)