3 septiembre, 2024
A temporada de verán conclúe tras uns meses no que a meteoroloxía foi un factor determinante para a afluencia de usuarios. O horario destes derradeiros días seguirán sendo de 16:00 a 20:30 horas con acceso gratuíto, ata o peche que se consolida o vindeiro luns.
Unha período estival que se caracteriza polo bo tempo a partir de mediados de xullo, onde a piscina rexistrou unha alta afluencia. Nos datos achegados polo concello rexístranse xornadas de ata 180 bañistas. Incluso nos días máis nubrados ou con condicións meteorolóxicas desfavorables, algúns valentes non dubidaron en achegarse para gozar das instalacións situadas na parroquia de Ermedelo.
A novidade deste verán foi a amplicación das instalacións. Unha nova zona destinada a tomar o sol e gozar de tempo de descanso para todos os usuarios. Tamén se estreou unha piscina infatil para os máis pequenos da casa.
Dende o Concello de Rois, queren agradecer a todos os usuarios pola súa participación e comportamento ao longo da tempada. De esta forma seguirán ofrecendo de novo este servizo o próximo verán, sempre coa intención de mellorar e seguir sendo un lugar de encontro e lecer para toda a comunidade.