27 septiembre, 2024
A cineaste Celia Rico álazase co VIII Premio Dunia Ayaso, que otorga a Fundación SGAE no Festival de San Sebastián, por ‘Los pequeños amores’, premio no que tamén estaba nominada a galega Sonia Méndez pola súa primeira aventura no cine como directora dunha longametraxe.
O filme ‘As Neves’ participou na sección Made in Spain deste 72º Festival de San Sebastián. Unha historia onde os protagonistas son adolescentes nunha noite de Entroido, onde a desaparición dunha amiga causa un profundo cambio nas vidas dos veciños dunha vila que queda incomunicada polas condicións meteorolóxicas.
Esta é a ópera prima de Sonia Méndez, a cal non para de dar alegrías. O ano pasado presentouse na Sección Oficial do Festival de Málaga, conseguiu unha boa acollido do público no cinema, aguantando ata sete semanas e agora chegou ás plataformas de streaming e non baixa do quinto posto do máis visto nos filmes de HBO.
Sen dúbida, un exemplo de que co galego un pode chegar a todas partes.