14 septiembre, 2024
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago nunha homenaxe ao sindicalista Xan María Castro, falecido a finais de 2023 e que foi un dos fundadores da organización, da cal que chegou a ser secretario xeral entre os anos 2000 e 2009 e tamén presidente da súa Fundación desde o 2013 ata o seu pasamento.
No acto, organizado polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras en Galicia e a Fundación 10 de Marzo, a directora xeral puxo en valor a figura de Xan María Castro e aproveitou a súa intervención para reafirmar o compromiso da Xunta por potenciar a escoita activa e o diálogo social entre administración autonómica, sindicatos e patronais.
Os obxectivos son os de chegar a consensos que permitan abordar grandes retos do mercado laboral , nos que destacan o absentismo, a saúde laboral, a duración da xornada ou as vacantes do mercado, e de forma prioritaria acadar un calidade de emprego maior.