31 agosto, 2024
Os primeiros bocados que se lle deron a este manxar foi no 1974. A Festa da Empanada reúne a milleiros de persoas o terceiro sábado de agosto, despois do día 15. Nun momento moi concorrido no ocio en Galicia, Bandeira segue sendo un atractivo para todos os larpeiros que buscan un bo produto e ocio.
O evento ten un papel moi importante como dinamizador do territorio, e no 199 conseguía converterse en festa de Interese Turístico Galego, coincidindo co 25 aniversario do evento gastronómico. E no 2018 comenzaron a darse os primeiros pasos nunha campaña que buscaba ser Festa de Interese Turístico Nacional. Por mor da pandemia, a xestión viuse entrallada, pero seis anos despois podemos confirmar que xa se acadou dito recoñecemento.
Así llo confirmaron nas últimas horas dende a Delegación do Goberno á alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, que nada máis coñecer esta agardada nova comunicou a distinción ao colectivo Amigos da Empanada da Bandeira, que preside agora Andrés Seoane.
A empanada da Bandeira convértese así na undécima celebración galega en contar con esta distinción a nivel nacional, que outorga o Ministerio de Turismo, tendo en conta a antigüidade, arraigamento e proxección das celebracións.