
Jurado del Premio Pérez Lugín del año 2023.
3 octubre, 2024
A Asociación da Prensa da Coruña convoca a LXXXIV edición do premio Pérez Lugín que nesta ocasión ten como tema: “Cen anos de radio”. Con motivo do centenario do xurdimento do medio de comunicación non soamente o tema da convocatoria será a radio, senón que ademáis o xurado estará conformado por representantes de cadeas que emiten en A Coruña. Unha edición máis a convocatoria e posterior galardón desenvólvese grazas a colaboración do Concello da Coruña.
Os interesados poderán enviar os seus escritos ata o vindeiro 29 de novembro. Trátase dunha convocatoria aberta a todo aquel que o desexe, pero soamente poderán presentar un traballo, enmarcado en calquera xénero periodístico. Os traballos deberán ser inéditos e estar escritos indistintamente en galego ou castelán, cunha extensión máxima de 5.100 caracteres.
As obras deberán ser enviadas en papel por correo certificado e en soporte informático (formato Word ou PDF), á Asociación da Prensa da Coruña, en sobre pechado e ao seguinte enderezo C/ Durán Loriga, 10-4. 15003, A Coruña.
O sobre levará un seudónimo, un lema e a indicación “Premio Pérez Lugín”. No interior irá un segundo sobre, có lema e o seudónimo do exterior, no que se incluirán os datos do autor (nome e apelidos, enderezo y teléfono de contacto) e un breve currículum.
Os traballos tamén poderán ser enviados por mail cun enderezo electrónico creado co seudónimo baixo o que se presenta o autor e co mesmo lema no asunto. O autor non debe identificarse de ningún modo ou o traballo quedará automaticamente eliminado.
O envío do mail non exime de remitir o sobre co traballo en papel cos correspondentes sobres que si identifican ao autor. O premio para o traballo gañador será unha figura de Sargadelos, así como 3.000 euros. O acto de entrega ao galardoado será no no Concello da Coruña, entidade que a súa vez colabora na realización desta convocatoria.
En 2024 o Premio Pérez Lugín acada a súa edición número 84. En 1936, a viúva do xenial escritor da Casa da Troya creou unha fundación co nome do seu marido, dotándoa dun capital, depositado no Banco Pastor, con cuxos intereses debería concederse o premio, segundo rezaba textualmente “ao mellor traballo literario que se presente sobre un tema de Galicia enxalzando a mesma”. Posteriormente, no 1941, creouse o premio e o gañador da primeira edición foi Eduardo Pérez Hervada. Desde entón obtivérono destacados xornalistas e escritores. A listaxe inclúe a Ezequiel Pérez Montes (1963), Emilio Quesada (1964) ou Ángel Padín (1999).
Nos últimos anos, os gañadores foron Rodri Suárez (2019), Suso Martínez (2020), Javier Quintana (en 2021, aínda que tamén o gañou en 2009), Xavier Lama (2022) e Toni Silva (2023). A primeira muller galardoada co Pérez Lugín foi Mercedes Modroño (1989), á que sucederon Cristina Amenedo (1995), Lola Roel (1996) e María del Rosario Martínez Martínez (2007).