26 junio, 2024
1905.- Constitúese na Habana nun acto multitudinario a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, xurdida con dous obxetivos principais: facilitar a creación dunha Academia que dese unidade ao idioma galego, entre outros cometidos, e fornecela dos medios económicos necesarios para a súa supervivencia.
A idea de crear unha Academia, recolle a propia RAG no relato da súa historia e antecedentes, viña roldando desde o século XIX. Xa constataran esta necesidade numerosos intelectuais como Lamas Carvajal, Emilia Pardo Bazán, Bernardo Barreiro ou Aureliano J. Pereira. Tamén algúns xornais galegos, como El Eco de Orense, El Clamor de Galicia ou O Galiciano. Mesmo a Sociedade de Folklore Gallego, nacida oficialmente en 1884 por iniciativa da Condesa de Pardo Bazán, pode ser considerada como un antecedente da actual Real Academia Galega.
Con todo, ningún intento dera, ata o momento, os froitos desexados. A esperanza chegou de Cuba coa iniciativa do insigne ferrolán José Fontenla Leal que, coa axuda do poeta Manuel Curros Enríquez e outros intelectuais galegos residentes na Habana, consiguiu fundar, en xuño de 1905, a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega.
A Xunta Xeral de Constitución da citada Asociación tivera lugar na Habana o 27 de xuño, nun acto no que se nomea a primeira directiva, encabezada por Curros Enríquez como presidente. O secretario, Nan de Allariz, leu neste acto unha circular que foi enviada a Manuel Murguía para que, canda outros colaboradores, establecese en Galicia a Academia reclamada por esta Asociación. Deste xeito, o 4 de setembro de 1905, tras unha reunión mantida na Casa Consulado da Coruña, constitúese, por fin, a ansiada Academia Galega, que tería a súa sede na cidade herculina.
Unha vez conseguido o obxectivo de crear a Academia en Galicia, o seguinte paso era proporcionarlle medios económicos para o desenvolvemento das súas actividades. De feito, estímase que, ata 1914, a Asociación Iniciadora y Protectora foi case a única fonte de ingresos, á que se sumaría a partir de 1916 o Centro Galego da Habana.
A partir de 1920, decaeu o número de socios desta asociación, coa conseguinte diminución dos ingresos recibidos en Galicia, que chegarían no sucesivo por outras vías.
O regulamento que rexeu esta asociación habaneira foi redactado, pouco antes da súa constitución, por unha comisión formada por Manuel Curros Enríquez, Angel Barrros, Alfredo Nan de Allariz, José López Pérez, José Fontenla leal, José Abeleira, José Castro Chané, Plácido Lugrís e José Antonio Fernández. Dito regulamento sería aprobado o 1 de xuño de 1905, publicándose, pouco despois, na imprenta e papelería de Rambla y Bouza, na cidade da Habana.
Non o dí a RAG no seu resumo, pero é una evidencia que aquela primeira iniciativa, senlleiramente na figura de José Fontenla Leal, aínda está agardando o reconocemento que merece.
1575.- Los Jesuitas piden licencia al Ayuntamiento de Santiago para ensanchar su Casa. El P. Antonio Ortiz, Maestro y Rector, firma la petición.
1587.- Promovido al arzobispado de Santiago don Juan de Sanclemente, se pasó el fiat (hágase) este día.
1652.- Don Alonso se la Peña y Montenegro y Rivas, natural de Padrón, es presentado por Felipe IV para la silla episcopal de Quito.
1875.- Junta general de accionistas y liquidación del Banco de la Coruña, encomendada a la naciente sociedad Crédito Gallego.
1883.- Velada literaria en honor del célebre poeta D. José Zorrilla, celebrada en casa de los condes de Pardo Bazán en A Coruña. También se le obsequió con un brillante banquete el mismo día.