11 septiembre, 2024
2002.- Morre en Compostela dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, o grande artífice da renovación do teatro en galego. Tiña 52 anos.
Nacido en 1950 nun barrio popular de Santiago de Compostela, estudou na Escola da Troia e no colexio La Salle, pero aos doce anos comezou a traballar de aprendiz de escribano nunha axencia de viaxes, á vez que repartía paquetes e estudaba o bacharelato nocturno no Instituto Xelmírez.
Militante con menos de quince anos nas Mocidades Obreiras Católicas, onde realizou as súas primeiras incursións teatrais, a súa primeira paixón foi o cinema, afección que cultivaba nos cineclubs da cidade e grupos de cinema experimentais (Equipo Lupa, creado en 1968 por Euloxio Rodríguez Ruibal) e que o levou a preparar o acceso á Escola Oficial de Cinema de Madrid en 1969, ano no que o goberno de Franco pechaba a institución.
Esa paixón polo cinema, recoñecida polo autor en múltiples ocasións, déixase ver en toda a súa dramaturxia, así como en múltiples influencias cinematográficas nas súas montaxes teatrais.
Presente desde 1974 na Mostra Abrente de Teatro de Ribadavia, participou activamente en todo o proceso de reconstrución do teatro galego durante os anos setenta e primeiros oitenta, destacándose como un dos principais animadores dunha renovación teatral e político-cultural en Galicia, coa súa compañía Antroido, a primeira en profesionalizarse no ano 1978, ou coa montaxe dun espectáculo na primeira tempada da compañía pública, Agasallo de sombras (1984). Multifacético home de teatro total, recibiu en dúas ocasións o premio Abrente, por Laudamuco, señor de ningures (1976) e por Bailadela dá morte ditosa (1980), obras que o consolidan como un dos máis interesantes autores dramáticos grazas ao seu proxecto teatral coherente e unitario, en consonancia coa liña estética da compañía noutros espectáculos como Ledaíñas pola mote do meco, Memoria de mortos e ausentes ou Caprice deas dieux.
Durante os anos oitenta e ata a creación en 1992 da súa segunda compañía, Teatro do Aquí, viviu unha época de desalento afastada dos escenarios, segundo recolle na súa biografía a Real Academia da Historia de onde escolmamos este texto. Neses tempos sobreviviu realizando vídeos comerciais e como actor de dobraxe, aínda que participou nalgúns espectáculos como Liberdade Bremana, de Fassbinder, dirixida por Xulio Lago con Teatro do Atlántico, ou a codirección de Salomé, de Óscar Wilde, co Centro Dramático Galego e a compañía Chévere.
A concesión do premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais por Saxo Tenor (1991) marca o seu regreso ao mundo do teatro, iniciando unha etapa de gran produtividade tanto no literario como no artístico, nos seus traballos como actor e director, tanto para Teatro do Aquí (A ópera da patacón, Rastros, Anxeliños, Sen ir máis lonxe), como para o Centro Dramático Gallego (A burla do galo, Mar revolto, Rosalía). Unha proba dese novo ánimo que o impulsa nesa segunda etapa teatral é que, tamén nos noventa, recupera múltiples textos, premiados ou non, producidos anteriormente para ser publicados como libro. Recibiu o premio Rafael Dieste en dúas ocasións, por Días sen gloria (1992) e Doentes (1998). En 1992, obtivo tamén o premio Xacobeo por As actas escuras, e en 1999 o Eixo Atlántico, de ámbito luso-galaico, por Criaturas.
Roberto Vidal Bolaño foi proposto pola Real Academia Galega como académico correspondente, pero a súa repentina morte tivo lugar antes da votación, así que foi nomeado académico a título póstumo. Tamén póstumamente publicáronse algunhas das súas obras máis recentes, aínda que é unha conta pendente a edición e revisión de toda a obra de Vidal Bolaño.
Como escritor, a súa é unha das producións máis relevantes do teatro galego contemporáneo, merecedora de constante recoñecemento de xurados e crítica, aínda que non toda chegou a ser publicada e outra parte o foi en data moi tardía. Con «Percival«, adaptación teatral de textos de Xosé Luis Méndez Ferrín, Vidal Bolaño recibiu a medalla de ouro Ciudad de Valladolid ao mellor texto dun autor español na tempada 1983-84. O Romance dous figos de ouro foi estreada por Antroido no 93, e Agasallo de sombras polo Centro Dramático Galego en 1984; Caprice deas Dieux foi posta en escena por Antroido en 1985 e Cochos en 1988 por Uvegá Teatro.
En xeral, o teatro de Vidal Bolaño caracterízase por un forte simbolismo e pola combinación entre elementos da tradición popular galega con outros extraídos da realidade socio-cultural do momento. Na súa obra, o ton de farsa disimula escasamente unha amarga e sombría crítica desa realidade. A obra do dramaturgo galego foi evolucionando desde o evidente compromiso antifranquista das primeiras pezas a unha sorte de «neocostumbrismo feista», unha variedade teatral do «dirty realism», que se atopa especialmente en Cochos e Saxo Tenor, premio Álvaro Cunqueiro en 1991.
A Real Academia Galega adicoulle o Día das Letras Gallegas en 2013.
1816.- A la edad de 14 años, ingresa como subteniente en el batallón provincial de Santiago el ilustre gallego D. Ramón Pardiñas, que habría de escribir grandes páginas en la milicia española.