12 septiembre, 2024
1989.- Fina en Pontevedra. A edade de 82 anos, o filólogo e político Ramón Martínez López
Martínez López, Ramón. Boiro (A Coruña), 4.IV.1907 – Pontevedra, 13.IX.1989. Lingüista, historiador da literatura e político. Licenciouse en Dereito (1928) e en Filosofía e Letras (1929) pola Universidade de Santiago de Compostela; doutorouse pola Universidade Central de Madrid en 1936.
A súa militancia no universo cultural e político do galeguismo comezou durante os seus anos de estudante universitario: participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos, no que exerceu o cargo de secretario de información e de conselleiro permanente, colaborou en publicacións como A Nosa Terra e Nós, e militou nas Irmandades da Fala, na ORGA e logo no Partido Galeguista, chegando a ser candidato a deputado en 1931 e 1933 por estas dúas últimas formacións políticas.
En 1930 obtivo a cátedra de Lingua e Literatura Española, que exerceu no instituto de Lugo, e a partir de 1933 no Instituto de España en Lisboa. Nestes anos colaborou tamén no Seminario de Estudos Filolóxicos de Rodrigues Lapa, traduciu ao castelán o San Pablo de Teixeira de Pascoaes, con prólogo de Miguel de Unamuno, e foi profesor de Literatura Comparada Hispano-Portuguesa na Universidade de Lisboa, recolle na sua biografía a Real Academia da Historia, de onde se estraen estos datos..
Durante a Guerra Civil foi agregado cultural nas embaixadas de España en Lisboa e París e oficial de Carabineiros. Exiliouse primeiro en Francia e máis tarde en Arxentina, onde exerceu como bibliotecario, en Pergamiño (Buenos Aires), e investigador no Instituto de Filoloxía da Universidade de Buenos Aires. A partir de 1940 e ata a súa xubilación, en 1971, desenvolveu a súa actividade docente e investigadora en Estados Unidos, como profesor de Lingua e Literatura Española e Portuguesa na Universidade de Austin. Foi profesor visitante en varias universidades estadounidenses e membro do Centro de Estudos Filolóxicos de Lisboa, da Medieval Academy of America, do Instituto Internacional de Literatura Ibero-Americana, da Modern Langage Association e da American Association of Teachers of Spanihs and Portuguese.
En 1971 volveu a Galicia e incorporouse á vida cultural e política do país. Participou na restauración Partido Galeguista, que presidiu, foi membro da Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, e recibiu diversos premios, como a Medalla Castelao (1984).
Obras da súa autoría: Image of Spain, ed. de ~, Austin, University of Texas, 1961 (n.º monogr. de Texas Quaterly); General Estoria. Versión gallega del s. XIV. Ms O.I.L. del Escorial, ed. introd. lingüística, notas y vocabulario de ~, Oviedo, Universidad, 1963; A. Machado, Prosas y poesías olvidadas, recop.ey present. de ~ y R. Marrast, Paris, Centre de Recherches de l’Institute d’Etudes Hispaniques, 1964; Unamuno centennial studies, ed. e introd. de ~, Texas, Austin University of Texas, Department of Romance Languages, 1966; “Literatura gallega en el exilio”, en J. L. Abellan (dir.), El exilio español de 1939, vol. VI, Madrid, Taurus, 1976, págs. 285-323; A Literatura galega no exilio, Trasalba, Fundación Otero Pedrayo, 1987.
1663.- Alejandro VII concede, en Bula de esta fecha, varias gracias y privilegios a la capilla de Nuestra Señora de los Ojos Grandes de Lugo.
1887.- Se colocan en Ourense dos lápidas de mármol con inscripciones conmemorativas en las casas en que vivieron el insigne humanista D. José García Mosquera y el inspirado poeta y conocido escritor, autor de la primera gramática gallega, D. Juan Antonio Saco Arce. El acto fue presidido por Emilia Pardo Bazán.