13 agosto, 2024
1941.- Estrease en Bos Aires a obra Os vellos non deben namorarse de Castelao.
A obra estreouse no 14 de agosto de 1941 no Teatro Mayo de Buenos Aires, aínda que se editase póstumamente en Montevideo en 1953. A primeira edición feita en Galicia data de 1968 (Galaxia) e en 1970 publícase en Primeiro Acto a súa tradución ao castelán polo poeta galego Manuel María.
Aínda que sexa a única obra dramática de Castelao, representa unha pequena xoia do teatro galego e español. O autor, ademais de escribir o texto literario, pintou os decorados, deseñou os traxes, creou as caretas con que actúan as persoaxes, escolleu as músicas e os bailes e ata inventou a luminotecnia.
O resultado é unha peza desbordante de teatralidade que pretende exemplificar as grotescas consecuencias do amor a destempo, enlazando así cunha rica tradición literaria, sinálase no amplo Caderno Pedagóxico editado en 2002 con ocasión da posta en escena –en versión en castelán- en Madrid, baixo a dirección de Manuel Guede Oliva e versión de Xesús Alonso Montero, coproducida polo Centro Dramático Nacional, o Centro Dramático Galego e o Centro Cultural da Villa, de onde se toman estas notas.
Tradición e innovación únense nesta xoia dramática, ofrecendo ao espectador un espectáculo cheo de plasticidade e teatralidade, no que abundan as coincidencias temáticas e plásticas coas máis variantes fontes do teatro europeo, que Castelao coñeceu nas súas viaxes polo vello continente. En conclusión, sinala o aludido Caderno Pedagóxico, aínda que Os vellos parten dun leitmotiv de recia tradición, a novidade estriba en ser unha obra plena, integral, clásica e actual, galega e universal, tradicional e innovadora, popular e estilizada, o que a converte na peza máis representativa na historia do teatro galego.
A obra foi representada por primeira vez en Galicia o 25 de xullo de 1961 na praza da Quintana repleta dun público entusiasta no que figuraba a totalidade da intelectualidade galega do momento. Unha estrea que levou a cabo a agrupación teatral do Coro Cantigas e Agarimos, baixo dirección artística de Rodolfo López-Veiga. O músico e compositor Rosendo Mato Hermida musicalizó os versos da obra dedicados á protagonista Lela, converténdose desde entón nunha das pezas musicais con maior número de intérpretes que a levaron ao seu particular elenco.
1563.- Real Cédula de Felipe II confirmando la de 22 de octubre de 1562 en la que se ordena la traslación de la Real Audiencia de Galicia, desde Santiago a A Coruña.
1698.-Muere en opinión de santo,.D, Francisco de Aguiar Seixas y Ulloa. Hijo de Betanzos y arzobispo de México.
1839.- Llega a Lisboa, donde hizo una brillantísima campaña, el pianista gallego Manuel Martí (Vigo, 1815-1873) al que una publicación especializada de 1867, de Bonifacio Eslava, sitúa como continuador de Pedro de Albéniz en el desarrollo del piano en España.
1873.- A las siete de la mañana entra en Chantada, al mando de D. José Ostendi, una partida carlista que robó los fondos de la Administración de Estancadas y los productos de liquidación del Registro de la propiedad.