14 agosto, 2024
1887.- Nace en Cortegada –Silleda- Antonio Alonso Ríoas.
Antonio Alonso Ríos, tamén coñecido como Antón Hipólito Alonso Ríos (Cortegada, Silleda, 15 de agosto de 1887-1980) foi un mestre, escritor e político de tendencia agrarista e galeguista que presidiu o Consello de Galicia tras a morte de Castelao. Durante os tres anos que durou a Guerra Civil fíxose pasar por esmoleiro co nome de «Siñor Afranio», traballando na recollida das colleitas e sendo criado.
Antonio cursou en Santiago a carreira de Maxisterio. En 1906 terminou os estudos e foi nomeado profesor auxiliar da Escola Normal. Por razóns de saúde volveu a Silleda.
En maio de 1908 imitou a algúns irmáns e emigrou a Arxentina. En Buenos Aires validou o seu título de mestre, e entrou a traballar como suplente nunha escola da capital arxentina. De aí pasou a exercer o maxisterio noutras escolas da provincia de Mendoza. Posteriormente, volveu a Buenos Aires onde exerceu como director de escola e de 1913 a 1920 de profesor de Historia no Instituto Politécnico.
O 24 de setembro de 1921 convocouse en Buenos Aires o congreso fundacional da Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais. Ese día xuntáronse doce sociedades galegas na rúa Bolívar 655 da Capital Federal. A Sociedade de Silleda, dirixida por Alonso Ríos, e a de Ponteareas, dirixida polo socialista Ánxel Martínez Castro, tomaron as rendas da Federación. A Federación foi virando cara a posicións galeguistas e coa proclamación da República en España en 1931, a Federación participou na fundación da ORGA. Así, decidiu enviar a Suárez Picallo e Alonso Ríos para que os representase en Galicia.
En xuño de 1931 Alonso Ríos foi elixido unanimemente presidente da Asemblea Republicana da Coruña, convocada pola Federación Republicana Galega, para o estudo do anteproxecto do Estatuto de autonomía de Galicia. Tamén participou na organización do movemento agrarista en Pontevedra. En 1936 foi elixido membro do Consello Directivo Provisional da Federación Provincial Agraria, pola que se presentou candidato, integrado na candidatura da Fronte Popular. Saíu elixido deputado e uniuse ao grupo de deputados galeguistas, someténdose á disciplina do Partido Galeguista.
Tras a sublevación do 18 de xullo, pasa á clandestinidade e acaba por inventarse unha nova identidade. Fíxose pasar por portugués, autobautizándose como Afranio de Amaral, nome dun naturalista brasileiro. O seu pouco oficio de pobre e a súa xentileza provocou que a xente lle chamase «Siñor Afranio».
Unha vez en América Alonso Ríos participou do galeguismo do exilio. En 1944 os únicos deputados galeguistas refuxiados en América (é dicir, Alonso Ríos, Castelao, Elpidio Villaverde e Ramón Suárez Picallo) fundaron en Montevideo o Consello de Galicia, cuxa presidencia ocupa Castelao e do que Alonso Ríos foi secretario e, tras a morte de Castelao en 1950, presidente. Durante os últimos anos da súa vida, Alonso Ríos continuou participando activamente en todas as actividades da colectividade galega en Arxentina, ata a súa morte en 1980.
1842.- El regente de España aprueba el reglamento interino para el gobierno y dirección del lazareto de Vigo.
1881.- Los reyes de España salen de A Coruña para Arousa, en cuya ría entraron a las siete de la mañana del día 16.