A Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego, constituída en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1976, ten como obxectivos investigar, conservar, divulgar e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos; e, concretamente, crear e manter un museo ao servizo destes obxectivos. Responde a unha vella aspiración de contar cun centro no que se reunisen, como conxunto ordenado e documentado, as manifestacións máis diversas da cultura tradicional de Galicia que, debido ao acelerado proceso de cambio económico, social e ideolóxico, estaban a experimentar a profunda transformación do seus trazos fundamentais co consecuente risco de perda de identidade. Fotos: Museo do Pobo Galego, Museos de Galicia, Turismo de Santiago e DS