Láncara, terra de tradicións, nunhas paisaxes envexables

A primeira noticia documental que temos de Láncara data do século X, cando Don Gonzalo, fillo de Alfonso III, fai doazón, no seu testamento, da vila de Láncara ó Bispo de Santiago de Compostela, mentres outros lugares do municipio pertencían o Mosteriro de Samos. Da vinculación con Samos son boa proba as repetidas mencións a poboacións, igrexas ou mosteiros que aparecen no Tumbo de Samos, onde se fai mención a diversas localidades. Patrimonio do mosteiro de Samos foron entre outras as igrexas de : San Xoán de Trasliste, Santa María de Neira de Cabaleiros, San Pedro de Bande, San Xoán de Muro, San Pedro de Láncara, Santiago de Cedrón, etc A vila de Láncara converteuse en señorío de Láncara dende a época en que foi recuperada por Ordoño II, irmán de Don Gonzalo, en troca co Bispo de Compostela polas vilas de Oza e Cela. O actual municipo de Láncara surxe no 1889. A capitalidade do concello estaba emprazada en Carracedo, onde se construiu un novo edificio no ano 1910 para alberga-la Casa Consistorial. Coa construcción da liña de ferrocarril Sarria-Lugo no 1880 Póboa de San Xiao foi gañando importancia en detrimento de Láncara, feito que rematou co traslado da capitalidade municipal á Poboa en abril de 1958. Fotos: Concello de Láncara e DS