Desconéctate da rutina e prepara unha escapada … Negueira de Muñiz

Paisaxes case virxes con espectaculares vistas ao encoro do río Navia que te emocionarán, ao igual que os ancestrais viñedos nas escarpadas ladeiras ou os tesouros dun patrimonio monumental e cultural cheo de historia. Recunchos de soños con áreas recreativas para gozar cada segundo en calquera estación do ano, creando os recordos máis fermosos en soidade ou en compañía de quen queiras, tamén da túa mascota. Preto de augas transparentes e bosques autóctonos, tes establecementos rurais ben coidados onde estar cómodo/a e restaurantes onde gozar da boa gastronomía da zona. Festas de interese turístico, como a Festa do Viño, son motivos dunha escapada que che deixará experiencias únicas. Fotos: Concello de Negueira de Muñiz