A Pontenova, moito que ver … moito que desfrutar

A Pontenova é un municipio do interior da Mariña Oriental que posúe numerosas rutas que descobren a súa riqueza paisaxística e a súa historia marcada polo pasado mineiro. Un lugar onde acontecementos como a Festa da Troita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta, atrae a xentes de diferentes lugares. Fotos: Concello