Paseo do río Magdalena
27 febrero, 2025
Vilalba, encrucillada do Camiño Norte de peregrinación a Santiago, é a dona da Chaira, como dixo o poeta e ensaísta Manuel María, nado en Outeiro de Rei.
A Vilalba chega a ruta xacobea procedente de Abadín, Lourenzá, Barreiros e Ribadeo, porta en Galicia do Camiño Norte, que cada día gaña máis adeptos. Da capital chairega o itinerario de peregrinación continúa ata Baamonde.
Vilalba ten moito que ofrecer. Posúe un casco histórico ben coidado coa igrexa de Santa María e o Parador como emblemas. Ten un casco urbano que acolle a uns 5.000 veciños dos 15.000 que viven na vila e nas 29 parroquias que compoñen o municipio.
Vilalba conta cun pulmón verde na área da Magdalena co río, un paseo fluvial de preto de tres kilómetros, muíños como o de Rañego e piscinas, inauguradas o verán pasado.
A capital chairega atesoura citas sociais importantes. En primavera acolle a Festa do Queixo de San Simón, unha denominación de orixe protexida que vende en todo o mundo.
O 21 de decembro celebra ademáis a Feira do Capón, onde unha trintena de criadores poñen á venda unhas 2.000 aves criadas con esmero.
Outro produto estrela do concello é o roscón de Vilalba, con receita artesá.En canto a festas, a capital chairega celebra o festival FIV, que cada ano xunta a máis xuventude para escoitar grupos pop de nivel internacional.
A finais de agosto e principios de setembro ten lugar a festa de San Ramón e Santa María, patronos do concello.
Outro atractivo de Vilalba é o xacemento arqueolóxico de Pena Grande. O municipio conserva grande riqueza megalítica recollida no Museo da Prehistoria local.