21 marzo, 2025
A cooperativa fonsagradina Madefon transforma cada ano máis de 4.000 toneladas de castiñeiro.
É unha das poucas empresas especializada en aserrado de castiros en Galicia.
Trátase dunha cooperativa creada no 1997 e integrada por cinco socios: José Manuel F. Pérez, o seu irmán Gustavo, Carlos López, José Manuel Fernández Álvarez e Manuel Rodríguez. Contan cun cadro de persoal formado por seis traballadores.
“Nós no monte nunca cortamos, o que facemos é mercar a empresas forestais que se adican á saca, compramos a madeira por tonelada”, explica José Manuel Pérez. “Surtímonos nun radio de 80 kilómetros”, engade. Logo a súa materia prima é fundamentalmente da Montaña lucense, onde aínda quedan castiros.
Un metro cúbico de madeira serrada de castiñeiro vale uns 900 euros e o seu prezo mantense máis estable que o de outras madeiras.
Ademais de madeira serrada en verde para fabricación a medida de vigas e pontóns, Madefon tamén produce táboa e tarima de castiñeiro. Son produtos que requiren dun longo proceso de secado, para o que disponen de tres secadoiros con capacidade para 240 metros cúbicos de madeira. O proceso completo da madeira de castiñeiro dura entre sete e oito meses dende que é cortano no monte ata que o produto sale con destino ao cliente final.