21 marzo, 2025
Log Max Iberia SL comercializa dende Foz, na Mariña luguesa, maquinaria forestal de última xeración importada de Suecia.
A empresa naceu en 2006 e a súa actividade consiste na comercialización, mantemento e reparación de maquinaria para o aproveitamento forestal: cabezais procesadores Log Max, autocargadores e procesadores EcoLog e astilladoras móbiles Bruks. Todas elas son de tecnoloxía e fabricación sueca.
A súa distribución abarca España e Portugal, aínda que a maior cobertura pertence a Galicia, xa que o territorio de cortas na nosa comunidade supón o 50% de todo o territorio nacional.
Traballa como importadores exclusivos das marcas Log Max, EcoLog e Bruks e os seus segmentos de mercado inclúen tanto maquinaria nova como usada.
De toda a maquinaria forestal que ofrecen os produtos estrela son os seguintes: en autocargadores o EcoLog de 16 toneladas. En procesadoras la EcoLog 590 de 320 cv, a máis grande da gama e a que goza de maior demanda. Esta máquina procesadora, ao igual que as súas hermanas de serie, caracterízanse por disponer de unha tecnoloxía única con brazos oscilantes, na que a procesadora se inclina, sube ou baixa para que a grúa e o operario poidan facer o seu traballo cunha elevada tasa de produtividade. Cos brazos oscilantes o operador mantén o control absoluto do traballo ao nivelar e adaptar a máquina á superficie, independientemente de como sexa o terreo. Como cabezais procesadores o Log Max 7000C é o gañador, xa que é un cabezal moi potente, que combina a alta tracción cunha rápida velocidade de alimentación.
No segmento de maquinaria usada, manexamos máquinas que veñen de EcoLog Suecia, que ao ter sido revisadas por EcoLog, chegan revisadas e reparadas, o que nos permite ter confianza nas máquinas que ofrecemos, pois foron vistas polo seu fabricante.
En canto ao momento do negocio, a súa evolución está en parte ligada á situación do sector, que agora mesmo se enfrenta a desafíos como a disminución da rentabilidade e volatilidade de presos, pero ao mesmo tempo con necesidade de inversión en maquinaria moderna.
O sector forestal atópase nunha etapa de renovación, na que para alcanzar grandes volumes de produción necesítase apostar pola modernización en maquinaria. Sincronizados co sector, Log Max Iberia atópase tamén en etapa de renovación na que está construíndo unha nova nave con 2000 metros cadrados. Deste modo os seus servizos serán máis eficientes e mellores.
Actualmente a empresa ten 12 empregados e no derradeiro ano a facturación supuxo 6,5 millóns de euros.
No mercado da biomasa, as asteladoras móbiles Bruks son as que representan en España. Bruks é un dos principales fabricantes de asteladora móbiles. Teñen a capacidade de convertir árbores enteiras, troncos, ramas… en astelas de biocombustible con cualidade de homoxeneidade. Poden usarse no lugar da corta ou no parque de almacenamento. Poden montarse en vehículos portantes como camións, autocargadores ou tráiles.