A Deputación da Coruña participa na XII edición de Exporpymes, que reúne 60 importadores de 25 países e 70 pemes galegas

Cristina Capelán concluíu a súa intervención destacando o papel da provincia da Coruña como motor económico, social e cultural de Galicia, e recoñecendo o traballo das empresas "grandes e pequenas, das persoas que arriscan e innovan, e do apoio conxunto das administracións"