Para participar neste evento inscribíronse máis de 700 participantes
7 junio, 2025
Comenzouse coa entrega de dorsais a partires das 7:30 horas ata as 8:55 horas, tralo cal se procedeu a dar unhas verbas de agradecemento pola resposta á convocatoria do evento á vez que unhas breves explicacións da ruta e da marcaxe. Deseguido douse paso ao Vogal de Andainas da Federación Galega de Montañismo e ao Alcalde do Concello de Porto do Son, os que transmitiron as súas apreciacións á vez que agradecer á asistencia ás actividades que dende alí se ían a realizar.
Durante o marxe de tempo destinado á entrega de dorsais, púxose á disposición dos asistentes chocolate con churros suministrado por una auténtica churrería das feiras galegas.
Ás 9:00 horas se dou saída á actividade de 25 km, que iniciaron máis de 400 participantes e deseguido, ás 9:15 horas se procedeu a dar saída á actividade de 15 km, cunha asistencia de 270 participantes.
Na primeira metade da ruta de 25 km habría tres tramos de subida, a cada una delas un pouquiño máis esixente, intercalada por uns pequenos tramos de terreno chan. No km 12 se chegaba ao Mirador de Calo, e se camiñaba pola denominada Balconada do Iroite polas paisaxes que se podían visualizar dende esa posición.
Tamén se pudo disfrutar de sendeiros antigos cercanos ao río, que se aperturaron tras años de desuso para disfrute dos participantes. Logo iniciouse o descenso do monte para acercarnos ás pasarelas e zona dunar das praias da Aguieira, Caveiro e Porto do Son, a partir do que se retornou ao punto de encontro, subindo unha fileira de escaleiras acondicionadas para o evento.
Durante o percorrido púxose a disposición dos participantes 3 avituallamentos completos e un avituallamento extra con auga. Realizouse de xeito extra Control de Regularidade na actividade de 25 km.
Ao seu remate púdose gozar de uns pinchos de productos do mar aportados por dúas foodtrucks, e logo, un xantar conxunto.
Rematou o evento coa entrega de premios aos tres primeiros postos masculinos e femininos en Regularidade.
Tamén se desexou agasallar ás persoas máis xoves e veteranas participantes ao evento, así como ao club máis participativo
Resultou unha grande satisfacción poder comprobar que todos os participantes quedaron encantados co percorrido, cos agasallos e coas paisaxes disfrutadas durante a xornada, feito que nos enchen de ilusión e enerxía para seguir organizando as actividades en anos sucesivos.
GALERÍA: