17 septiembre, 2024
O circuito de Arteixo acolleu este sábado 14 de setembro a quinta parada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross na que se citaron máis de 60 equipos.
Unha competición marcada pola igualdade en todas as categorías e que deixou a David Varela (Clase I); Daniel Castro (Clase II); Darío Calviño (Clase II) e a Iago Rodríguez (Clase V) como grandes triunfadores da xornada.
Na Clase I, victoria para David Varela, que aos mandos do Peugeot 306 aventaxou na final en 3,5 segundos a Martín Castro e en 4,8 a Javier Lea.
Na Clase II, con case 20 participantes, primeiro posto da clasificación final para Daniel Castro, que no Peugeot superou por 1,7 segundos a Álvaro Freire e Marcos Molinos, respectivamente.
Xa na modalidade de carcross, na Clase III, primeiro posto na final para Darío Calviño, no Yacarcross. Completaron o podio na final Antón Muiños e Carlos Domínguez, ambos sobre un LaBase Sx01.
Sergio Busco foi o mellor entre os participantes na Copa MRF Senior, seguido de Iván Couto.
Por último, entre os participantes da Clase V, reservada aos pilotos júnior dos carcross, primeiro posto para Iago Rodríguez, seguido de Joao Traila e Víctor Vicente.
Precisamente, Daniel Abellón e Alex Mariño, ambos becados pola FGA, foron primeiro e segundo clasificado na Copa MRF Júnior.
A seguinte cita do Campionato Xunta de Galicia terá lugar o 28 de setembro no circuito de Carballo, na provincia de A Coruña.