19 junio, 2024
O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou este sábado, 15 de xuño, o curso de ascenso a árbitro de Terceira Federación, Preferente Galicia e árbitro asistente de Segunda Federación e árbitros asistentes autonómicos en Vigo. Asistiron un total de 47 colexiados: 13 optaban ao ascenso a Terceira Federación, 20 a Preferente Galicia, 4 a árbitro asistente de Segunda Federación e 10 ao acceso a categoría de árbitro asistente autonómico.
As probas físicas tiveron lugar a primeira hora da mañá no campo de fútbol municipal de SERGAS, en Santiago de Compostela, coa realización de dous controis: velocidade (6×40 metros) e resistencia (proba intermitente Yo-Yo) para os árbitros e velocidade (5×30 metros) e resistencia (proba intermitente Ariet) para os árbitros asistentes.
Unha vez realizadas as probas físicas, a actividade trasladouse á sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela, coa benvida do presidente Bernardino González Vázquez e acto seguido, a realización da proba de inglés e proba de estatutos e regulamentos da RFEF e RFGF para todos; e a continuación a redacción de actas para os árbitros aspirantes a Terceira Federación e Preferente Galicia.
Despois de xantar retomouse a programación do curso de ascenso cos restantes exames técnicos: proba de regras de xogo e proba de xogadas de vídeo.