A Copa Galicia Sénior Masculina xa coñece os seus emparellamentos, tras sorteo realizado este xoves, 29 de agosto; na sede da Xunta de Galicia en Lugo.
O Pazo dos Deportes da cidade da muralla vivirá as Semifinais de Copa o vindeiro 20 de setembro, e farao con estes dous duelos definitivos:
18:00 h – Leyma Coruña vs Monbus Obradoiro
20:30 h – Río Breogán vs Club Ourense Baloncesto
A Final terá lugar o domingo 22 a partir das 18:00 h.
No sorteo, no que tomaron parte Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo; e Manel Sánchez e José Ramón Ferreiro, ex xogadores do CB Breogán; tanto o Presidente FGB, Julio Bernárdez; como Rubén Engroba, responsable da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, organizadora da Copa; agradeceron a todos a súa participación, e deron a benvida aos catro clubs e a toda a afección galega a unha nova edición da Copa.
Venda de Entradas e abonos
Os abonos serán os primeiros en saír á venda. Poranse a disposición dos interesados o vindeiro luns, dous de agosto. O trámite realizarase a través da plataforma entradas.lugoebasket.es