26 agosto, 2024
Víctor Senra e José Murado, no seu xa habitual Citroën C3 WRC, foron os gañadores do Rallye de Ferrol, oitava proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da especialidade.
Senra e Murado foron os grandes dominadores da carreira ferrolana e acadaron os puntos necesarios para sumar o título autonómico, o oitavo consecutivo no caso do piloto de Dumbría.
Nunha cita marcada polo inestable do clima, o que causou distintos percances, os novos campións galegos aventaxaron aos segundos clasificados, Alberto Meira e Avelino Martínez (primeiros dentro do Supercampionato R5 Recalvi-Pirelli e xa campións deste formato), en 1:22.7 minutos. Completaron os tres primeiros clasificados o andorrán Joan Vinyes e o catalán Jordi Mercader, no Hyundai I20 Rally2.
A continuación, Jorge Pérez e Miriam Vera (2° Supercampionaro R5) e Antonio López e Raquel Rodríguez.
Na Top Ten Pirelli Driver B, primeiro posto para Diego Varela e Adrián Díaz, con Rubén Santas e David Ferreira, segundo. Terceiros Rubén e Noé Cela.
Antonio López Lence e Raquel Rodríguez foron os primeiros clasificados da Top Ten Pirelli Driver Autia C. Segundos foron os becados da FGA, Álvaro Castro e Isidro Rey e terceiros David Amenedo e María Becerra.
Álvaro Pérez e Manuel Estévez sumaron un novo triunfo na Pirelli AMF, con Jacobo Segade e Andrea Fidalgo e Diego González e Diego García xusto a continuación.
Marco Lorenzo e Diego Gil sumaron a victoria e os puntos para ser xa campións do Volante FGA – Pxp25, o que os convertirá en becados da FGA na tempada 2025. Completaron o podio Diego Camuñas e Lucía Sesar (2° PXP) e Roberto Suárez e Cristian García.
Por último, primeiro posto no Criterium Recalvi para Adrián Regueira e Sergio Fernández. O segundo posto e primeiro da Beca24 foi para Yeray González e Xoel Álvarez e o terceiro para Eliot Gómez e Moncho Seoane (2° Beca 24).
A próxima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia terá lugar no mes de setembro con motivo do Rallye Ourense – Ribeira Sacra.