7 julio, 2024
O piloto de Cuntis Jacobo Senín, foi o vencedor da Subida A Pontenova, cuarta cita puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña na que participaron un total de 57 equipos.
Senín, aos mandos da Nova, foi o mellor en todas as mangas oficiais (3:49.202), salvo na derradeira, na que un problema mecánico fixo que detivese a barqueta nos primeiros metros da ascensión. A pesar dese contratempo Senín marcou o mellor crono da fin de semana e rebaixou o seu propio récord na primeira manga do domingo, fixándoo agora en 1:54.281.
A continuación do vencedor da proba, Alexis Vieitez, que repetiu no Fórmula Celtic Dicode a espera de poder reestrear o seu outro monoplaza na seguinte cita do calendario autonómico.
Vieitez quedouse a 16 segundos do primeiro clasificado, mentres que terceiro e vencedor da categoría de carrozados foi o asturiano José Antonio López Fombona, que trouxo a Galicia o espectacular Audi RS5 DTM.
Completaron o podio da proba, Jesús López e Pablo Vázquez.
Entre os carrozados, a continuación de Fombona clasificáronse, Javier Carballo e Manuel Senra, nun Porsche 991 GT3 e un Peugeot 308 TCR, respectivamente.
José Ángel Rodríguez foi o primeiro clasificado entre os participantes da Clase 9 reservada a carcross, co becado da FGA, Mateo García, no segundo lugar, e Fernando Varela no Terceiro.
Por último, dentro da categoría de regularidade, primeiro posto para Sito Cabral e José Manuel Quintas, aos mandos do Honda Civic. Iván e José Antonio López foron segundos no Peugeot 106 e Breogán Abalde e Ángel Monteagudo, terceiros no seu habitual Citroën AX.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña levará aos equipos ata a Subida a Estrada durante os días 2,3 e 4 de agosto.