Celebración Gol Compos - Foto DS
13 octubre, 2025
Faino tras empatar en Barreiro contra a Gran Peña (1-1), mantendo así o invicto nestas seis primeiras xornadas.
O duelo contra a Gran Peña foi moi igualado, cun tanto por parte de cada equipo. Na primeira metade, os nosos aproveitaron unha pena máxima cometida sobre Maceira. Parapar encargouse de executar o lanzamento e anotar o seu primeiro gol desde o seu retorno ao Compos.
Pola súa banda, na segunda metade, e tras varios achegamentos branquiazuis, o Gran Peña empatou por medio de Julius. Mesmo tería outra gran oportunidade, noutro penalti, pero aí emerxeu a figura de Álex Cobo para evitar, cun paradón, o gol de Cellerino.
Con iso, 1-1 final en Barreiro, repartición de puntos e o Compos que segue no máis alto. A próxima semana tocará de novo buscar a vitoria na casa, nesta ocasión contra o Lugo B.
FICHA TÉCNICA
1 – GRAN PEÑA FC: Andrés (Asier, min.84); Armada (Ginto, min.46), Cantero, Mati, Tyrone; Antón de Vicente, Álex Vila (André, min.65); Amet (Cellerino, min.63), Fran López, Coira; e Julius.
1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín (Quico, min.14), Diego Rodríguez, Pablo Crespo (Aarón Martínez, min.75), Damián Noya; Diego Uzal, Samu (Mateo, min.75); Parapar (J. Cañizares, min.75), Antón Guisande, Armental (Porrúa, min.80); e Maceira.
GOLES: 0-1: Parapar (p.), min.29; 1-1: Julius, min.60.
ÁRBITRO: Pedro Castro (Lugo). Amoestou a Armada, Mati e Cellerino, polo Gran Peña; e a Pablo Crespo e Diego Rodríguez, polo Compos.
INCIDENCIAS: Campo Municipal de Barreiro (Vigo). Xornada 6 do Grupo 1 da Terceira RFEF. Nutrida presenza de afeccionados do Compos.