4 julio, 2024
A selección española de BMX Freestyle Park competiu a pasada fin de semana no Brussels Urban Sessions, un festival da categoría CL1 no que se deron cita algúns dos máximos expoñentes do BMX Park Mundial, e onde o vigués Saúl Vilar finalizou entre os 20 mellores.
O rider do BMX Cromoly puido realizar durante os días previos á competición adestramentos nas instalacións deste evento, disputando a proba xa o domingo, logo da suspensión do sábado por chuvias, nunha clasificatoria que o deixaba como 20º, dous postos por detrás do outro representante do combinado estatal, o catalán Pol Díaz. Un resultado sobranceiro para a principal promesa galega nesta especialidade.