1 julio, 2024
Rubén Gandoy, aos mandos do seu habitual Peugeot 206, logrou a victoria no Slalom Concello de Laracha, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
Gandoy, que obtivo o primeiro lugar nas tres primeiras citas do certame, demostrou o seu bo estado de forma ao marcar un rexistro de 2:02.465, algo menos de dous segundos máis rápido que o segundo clasificado, que nesta ocasión foi Pablo Castro.
O terceiro chanzo do podio foi para Aitor Fornos, a 3,4 segundos do primeiro clasificado da proba.
Completaron os cinco primeiros clasificados, Antonio Amor e Daniel Roca, respectivamente.
Alejandro Cagiao foi o gañador entre os debutantes, con Mariquiña Chao como primeors clasificada no trofeo feminino e Álvaro Freire no trofeo Arteixo Motorsport.
A próxima parada do Campionato Xunta de Galicia de Slalom terá lugar en Moeche, o próximo 20 de Xullo.