Duelo moi parello en Espiñedo con ocasións que se sucedían nos espazos entre liñas e ás costas das zagas
12 octubre, 2025
O CD Arenteiro regresaba a Espiñedo por segunda xornada consecutiva coa misión de reencontrarse co signo da vitoria. Os de Arribas saltaban co debut de Lluís Llácer no once inicial, nunha estrutura nova con tres homes en retagarda, catro en medular e tres en ataque. En fronte, un CD Guadalajara con S. Mendes como referencia, e que ía vender caro un partido moi disputado desde o inicio. Comezo de encontro con alto rigor táctico, e loita constante polo control do centro do campo, co liderado de Ferreiro como elemento dinamizador do xogo verde. Un bo lanzamento de falta de Ferreiro, que saía alto por moi pouco, e dúas boas combinacións por banda con remate de Mingo incluído, constituían o argumento principal de chegada para os locais nestes minutos.
O choque desenvolvíase en torno ás acometidas de ambos equipos na procura da portería rival. O conxunto local trataba de controlar a saída ordenada desde meta, ofrecendo multitude de apoios en construción e xerando chegadas de calidade sobre o arco de Zarco. As ocasións sucedíanse a favor dos de Arribas, aínda que sen fortuna nos metros finais. Un posible penalti non sinalado por man visitante sementaba a incerteza nun partido controlado polos galegos a puntos.
A segunda metade continuaba intensa para ambos contrincantes. Víctor Mingo rozaba o gol cun magnífico remate de cabeza que o meta manchego salvaba cunha gran estirada. En fronte, Amigo e Eulate atopaban o camiño para achegar o perigo á meta de Diego. Os tempos comezaban a equilibrar o signo do partido e o CD Guadalajara sumaba ocasións claras ao seu haber. Amigo finalizaba unha gran combinación colectiva, pero Diego García salvaba con reflexos baixo paus. O rexeite, rematado por Cera desde a frontal, era salvado por Gorka in extremis para evitar o primeiro tanto rival.
O tramo final do partido traería un duelo moi parello, con ocasións que se sucedían nos espazos entre liñas e ás costas das zagas. Período de alto desgaste, cos dous equipos buscando as súas opcións nun correcamiños intenso e esixente a partes iguais. Richarte, cunha gran acción individual que se ía por centímetros á esquerda da meta rival, e Eulate, cun bo remate desde perfil esquerdo, apuraban as ocasións de gol que, sen embargo, non chegaron a cristalizar para desesperación de ambos bancos. Finalmente, empate a cero no marcador e reparto de puntos en Espiñedo.
Resultado final: CD Arenteiro 0 – 0 CD Guadalajara
El Iberik Gran Balneario de Guitiriz es un lugar emblemático ubicado a medio camino entre A Coruña y Lugo, en una finca con una superficie de más de 40 hectáreas. Con más de un siglo de historia, este complejo combina la tranquilidad histórica con instalaciones modernas, creando una experiencia única para los visitantes. Ha sido totalmente reformado en 2022 y cuenta con 103 habitaciones y diferentes salas con capacidades para albergar eventos desde 15 a 200 asistentes. Ubicado a menos de 1 hora del aeropuerto de Santiago y a 30 minutos del de A Coruña, sus amplios espacios exteriores, pistas deportivas y sus jardines lo convierten en una opción excelente para celebrar eventos de carácter social o corporativo. Fotos: Iberik Gran Balneario de Guitiriz
