12 septiembre, 2024
O Concello de Porriño acollerá a Fase Final da Copa “Xunta de Galicia” Feminina 2024, así como a gran final da Copa Galicia Feminina LF2.
O Pavillón Municipal do Porriño será a sede neste 2024 dos eventos centrais da Copa “Xunta de Galicia” en categoría Feminina, que nesta edición contan con dobre FINAL: a propia da Copa Galicia Sénior Feminina, e unha nova específica para os equipos de Liga Feminina 2.
Deste xeito, o calendario da Copa que desfrutaremos no escenario Porriñés será o seguinte:
Final Copa Galicia Feminina LF2 – 27/09/24 (18:00 h)*: Mariscos Antón Cortegada – Maristas Coruña.
Semifinal 2 Copa “Xunta de Galicia Sénior Feminina – 27/09/24 (20:00 h)*: Durán Maquinaria Ensino – Celta Femxa Zorka
A Final terá lugar o domingo 29, ás 18:00 h.
Primeira Semifinal
Nesta edición, a Copa Galicia Sénior Feminina celebrará a súa primeira seminifinal en datas previas. Así, CB Arxil e Baxi Ferrol abrirán a Copa en Pontevedra este xoves, 12 de setembro (20:00 h) buscando unha praza na final de Porriño. Este primeiro encontro poderá seguirse en DIRECTO en FEGABA TV.
*Horarios actualizados!