17 septiembre, 2024
Chegou o momento: a Copa do Rei está de volta. O salón de actos Luis Aragonés acolleu este luns o sorteo da eliminatoria previa do campionato, en cuxos bombos se incluían os nomes de 20 clubs de categorías territoriais que pugnarán por facerse cun oco entre as 10 prazas vacantes da primeira rolda. No bombo estaba o San Tirso SD, o representante galego como campión da segunda edición da Supercopa Galicia.
O rival do San Tirso SD nesta previa será o Selaya FC cántabro.
Eliminatorias a partido único
Os enfrontamentos, a partido único, celebraranse o próximo 9 de outubro e os equipos que saian vencedores enfrontaranse, exercendo como locais, a un equipo de Primeira División o próximo 30 de outubro.