Victoria para o Racing nun encontro moi disputado
8 noviembre, 2025
O CD Arenteiro regresaba a Espiñedo coa misión de sumar tres puntos ante un dos grandes aspirantes ao ascenso, o Racing de Ferrol. Once de garantías para o cadro carballiñés, no que regresaban á titularidade Ferreiro e Mingo, completando un bloque sólido e competitivo que, dende o primeiro minuto, buscou achegamentos perigosos á meta de Perea.
O equilibrio foi a tónica dominante dunha primeira metade intensa, na que os locais trataban de conectar cos homes de ataque fronte a un Racing de Ferrol ben posicionado e dominador da posesión. O equipo de Arribas mostrou un traballo encomiable e un gran despregue físico, cunha presión alta e intención de roubar preto da área rival.
A ocasión máis clara chegou das botas de Julen Jon, nunha acción que puxo en alerta á defensa visitante. O Arenteiro tentaba imprimir velocidade e precisión no último pase, mentres o Racing de Ferrol gañaba presenza e profundidade a través de Pascu e Tejera, os máis activos en ataque. O esforzo dos visitantes tería premio pouco antes do descanso, cando Álvaro asinaba un auténtico golazo cun zurdazo directo á escuadra, imposible para Diego.
Na segunda metade, o Arenteiro mantivo a intensidade e o esforzo vistos no primeiro acto, mais o gol resistíase. O conxunto local buscaba o tanto con insistencia, mais sería o Racing quen ampliaría a vantaxe cun novo tanto que caeu como un xerro de auga fría para os intereses locais.
O tramo final trouxo un carrusel de cambios en ambos equipos e a constante procura dos carballiñeses por recortar distancias, pero a fortuna non os acompañou. A mellor ocasión chegou dende o punto de penalti, cando Mingo tentou bater a Perea, mais o gardameta departamental adiviñou as intencións do dianteiro e evitou o gol.
Con isto, o encontro concluíu en Espiñedo cun 0-2 final e derrota para o equipo de Jesús Arribas nun derbi galego intenso e con bo ambiente nas bancadas.
Ficha Técnica
0: Arenteiro. Diego García; Jordán (Alfa, min 80), Gorka Pérez, Luca Lohr, Diego Moreno; Brais Val (Bastida, min 56), Sergio Aguza (Dani González, min 73); Martín Ochoa (Richarte, min 56), Julen Jon Guerrero (Williams, min 56), David Ferreiro e Mingo.
2: Racing. Miquel Parera; Migue Leal, Pujol, Chema Rodríguez, Álvaro Ramón; Sergio Tejera (Gorostidi, min 81), Álvaro Peña (Gelardo, min 67), Álvaro Juan (David Concha. min 67), Jairo Noriega, Pascu (Raúl Dacosta, min 81) e Antón Escobar (Álvaro Giménez, min 77).
Goles: 0-1, min 46: Álvaro Ramón; 0-2, min 48: Édgar Pujol
Árbitro: Francisco García Riesgo. Amosou tarxetas amarelas a Brais Val no Arenteiro e a Gelardo e Álvaro Juan no Racing.