20 octubre, 2024
O Club Ourense Baloncesto vence a Hestia Menorca por 65-84 no partido disputado en Bintaufa correspondente á xornada 4 da Primera FEB.
Comezaba o partido e Hestia Menorca buscaba impoñer o ritmo lento característico para adormecer o partido mentres que o Club Ourense Baloncesto tentaba xogar máis rápido e romper así o plantexamento de Hestia Menorca. Pasaban os minutos e os nosos ían collendo peso no partido, sobre todo dende a liña exterior, para abrir as primeiras distancias no marcardor e irse 13 arriba neste primer parcial 13 arriba, cun 12-25 no marcardor.
Empezaba o segundo cuarto e a dinámica cambiaba completamente, apretaba máis en defensa Hestia Menorca e as triplas que antes entraban, agora non o facían e tras un parcial de 16-2 o equipo local dáballe a volta ó partido. Un triple de Brito conseguía romper o parcial mais as sensaciones non eran boas. Hestia Menorca seguía dominando o partido e o Club Ourense Baloncesto parecía medio noqueado, non conseguía desenvolver o seu xogo e o equipo local marchábase no marcador ata os 7 de diferenza cun parcial de 28-8, o que obligaba a Moncho López a pedir tempo morto para deter a sangría. Pero o Hestia Menorca era unha apisonadora e con dous tiros libres puña o marcador en 42-33 para irse ao túnel de vestiarios.
Saía o COB con outro ritmo neste terceiro cuarto e con dúas boas defensas culminadas cun triple de Sergio Rodriguez e un mate de Romaro Gill obligaba ao adestrador local a parar o encontro. Tralo parón o partido continuaba cun Club Ourense Baloncesto totalmente distinto, tanto defensivamente como no acerto do tiro exterior, e cun parcial de 16-7 volvía a empatar o partido. Comezaba un novo partido, pero as sensacións era completamente distintas ás do segundo cuarto. O COB encontraba a Romaro Gill na pintura para seguir por arriba no marcador mentres que os locais mantiñan o pulso ao partido grazas aos tiros libres. Pero o Club Ourense Baloncesto non deixaba de presionar e conseguía darlle a volta ao marcador cun impresionante parcial de 13-32 devolvendo os +10 ao marcador para os 10 minutos finais.
Seguía o Club Ourense Baloncesto moi serio no último cuarto e non deixaba que Hestia Menorca puidese reaccionar. Controlaba o ritmo de partido á perfección e seguía aumentando a vantaxe cun Diogo Brito que anotaba, asistía e desfrutaba do baloncesto para pór a cuarta vitoria no casilleiro cun marcador final de 65-84.
O seguinte partido será este martes ás 18:00 horas no Paco Paz ante Sant Feliu no encontro correspondente á Copa España.