Rallysprint de Lobios, cuarta e última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i
5 octubre, 2025
Manuel Mora e Iván Bajo, ós mandos dun Peugeot 205, foron os vencedores do Rallysprint de Lobios, cuarta e última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i celebrado na localidadé ourensá e que consagrou a Javier Martínez Carracedo e a Marcos Fernández coma novos campións do certame.
Mora e Bajo ofreceron un fermoso espectáculo xunto cos seus rivais ao obter a victoria fronte a Antonio López Lence e a local María Silva por tan só 1,1 segundos de diferenza logo dos 37 kilómetros contra o cronómetro.
O terceiro chanzo do podio foi a parar a mans de Miguel Ángel Alonso e Leti Álvarez, no rapidísimo Mitsubishi Lancer Evo IX.
Completaron os cinco primeiros clasificados desta proba que recuperou treitos fácilmente recoñecibles polos afeccionados dos anos 90 e principios dos 2000, Abel Pampillón e José Lage e Diego Félix e Héctor Rodríguez, nun Mitsubishi Lancer Evo X e un Peugeot 208 R2, respectivamente.
No Desafío Kumho Dianteira, victoria para Daniel e María Vicente, por diante de Jacobo Collazo e Adri Guillade e Logan Salgueiro e Jos3 Antonio González.
Javier Andrade e Sergio Boga foron os gañadores do Desafío Kumho Traseira.