11 octubre, 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na entrega de premios do Campionato galego de karate cadete, júnior e sub-21 e II Copa Máster que se celebrou no pavillón de Esteiro coa participación de 183 deportistas de 29 clubs galegos, entre os que destacou unha alta presenza de karatekas locais procedentes dos clubs Grupo Bazán, Renbukan, Bunkai, Artes Marciais Fene, Shiai Narón, ESK Narón e Karate Club Cedeira.
A competición galega é clasificatoria para o Campionato de España das categorías cadete, júnior e sub-21 que terá lugar en Xaén os próximos 15 e 16 de novembro.