Aqueles colexiados que superen estes controis, accederán á segunda convocatoria do curso de ascenso no mes de xuño, decisivo no obxectivo de acadar o salto de categoría
25 noviembre, 2025
Un total de 42 colexiados participaron este sábado, 22 de novembro, na primeira xornada do curso de ascenso para árbitros a Terceira Federación (32 aspirantes) e árbitros asistentes a Segunda Federación (10 aspirantes). Unha intensa xornada de traballo repartida entre o campo de fútbol de Chaián (Trazo) para a realización dos controis físicos e a sede da RFGF en Santiago de Compostela para os exames técnicos.
Os árbitros realizaron no apartado físico dúas probas: catro series de velocidade de 40 metros e a proba de resistencia do “Yo-Yo”; e por parte dos árbitros asistentes realizaron cinco series de velocidade de 30 metros e a proba de resistencia do “Ariet”. No controis técnicos tanto árbitros como asistentes realizaron un exame de regras de xogo, un exame de estatutos e regulamento da RFEF, un exame de inglés e un vídeo-test de xogadas; ademais os árbitros realizaron un exame de redacción de actas.
Aqueles colexiados que superen estes controis, accederán á segunda convocatoria do curso de ascenso no mes de xuño, decisivo no obxectivo de acadar o salto de categoría.
