15 octubre, 2024
Co comezo dun novo curso, arrincaron as xornadas do Plan Corresposables que a semana pasada tiveron no concello lucense de Lalín o seu epicentro de actuación baixo a organización do Atletismo Deza e da Federación Galega de Atletismo.
Na mesma, contouse cun importante número de participantes que da man de distintos monitores, tomaron parte en varias actividades organizadas nas que sen lugar a dúbidas, a yincana xigante, fixo as delecias dos máis cativos.
Lembramos que o Plan Corresponsables é unha nova política pública do Goberno de España que baixo a Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, ten por obxecto iniciar o camiño cara á garantía do coidado como un dereito desde a óptica da igualdade entre mulleres e homes desde un enfoque de garantía de dereitos universais, á marxe da condición laboral das persoas beneficiarias.
Ao longo dos meses de outubro e novembro, os concellos de Ferrol, Foz, Lalín, Lugo, Narón, Ourense, Pereiro de Aguiar, O Pino e Vigo, serán quenes acollan estas actividades de balde a través dos distintos clubs locais e baixo a supervisación da Federación Galega, organizando sesións para todos aqueles e aquelas interesadas.