1 junio, 2024
A ruta tomará esta domingo a partir das 11 horas as rúas do concello de Carballo para desenvolver unha nova edición do XVI Campionato Xunta de Galicia dos 5K para as categorías Absoluta, Sub23, Sub20, Sub18 e máster.
O Concello da comarca de Bergantiños, que xa o ano pasado acollía o campionato autonómico dos 10K, toma así o relevo ao de As Pontes quen organizaba a última edición o pasado 19 de marzo do 2023.
Precisamente nesta cita estarán tomando parte a actual campioa galega absoluta Eva Piñel do A.F Celta que intentará revalidar o seu título autónomico. Na categoría masculina, e ante a ausencia do gañador do 2023, será Iván Regos do Lucus Caixa Rural quen parta a priori como un dos favoritos ao título.
Na categoría Sub23 Branca Fernández do San Miguel de Marín, asume o papel de favorita ao igual que a parella Sub20 do Triki Team Victor Ramos e Alejandra Formoso.
A categoría Sub18 feminina estará algo máis reñida ca participación de Andrea Díaz do Ría Ferrol e Celia Vila do Comesaña, campioa e subcampioa galega do pasado ano sobre a distancia. En homes en cambio, todo parece apuntar a que será o plusmrquista nacional Alex Sierpres do Trega, quen estará no máis alto do caixón nesta mesma categoría.
No resto, cabe salientar a presenza dos campións galegos máster Antonino Méndez do Naútico de Narón na M35; Sofía Freaza do Comesaña Sporting Club na F40; José Santiago do Pinarium na M45; Inés Papín do Dawako At. na M50; Fernando Hoyos do Pinarium na M55 así como a de Angeles Ripoll do At. Sada na F65. A plusmarquista mundial Esther Pedrosa tamén estará na línea de saída sobre a categoría F60
Carreira Popular
A maiores a edición do autonómico será aproveitada para desenvolver a xa clásica 10K de Carballo
que se achega este ano, a súa décimo segunda edición.