24 septiembre, 2024
Daniel Berdomás e Brais Mirón fixéronse co triunfo no Rallye Ourense Ribeira Sacra, novena proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da especialidade e celebrado no entorno da localidade de Luintra.
Berdomás e Mirón, no Skoda Fabia R5, sobrepuxéronse a unha xornada marcada pola inestabilidade climatolóxica e os percances de moitos participantes para sumar un valioso triunfo no autonómico de Rallyes e a victoria nesta carreira dentro do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi.
Desta forma, e despois dunha fermosa loita, o segundo posto foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, tamén nun Skoda Fabia R5.
Xa lonxe da loita pola victoria clasificáronse Javier Martínez Carracedo e José Antonio Barrán.
Completaron os cinco primeiros da xeral Álvaro Pérez e Manuel Estévez e Abel Pampillón e José Lage, no C2 e no Evo X, respectivamente.
Entre os participantes na Top Ten Pirelli Driver Autia C, victoria para Guillermo Martínez e Nacho Sayáns, seguido de Álvaro Castro e Isidro Rey e Gabri Gándara e David Fernández.
Precisamente, Castro Laiño e Rey foron os gañadores do Clio Trophy Galicia, con Gabriel Gándara e David Fernández e Marcos Sanromán e Álvaro Cerqueiras completando o podio.
Na Pirelli AMF, primeiro posto para Álvaro Pérez e Manuel Estévez. Jacobo Segade e Andrea Fidalgo foron segundos e Juan Carlos Pampillón e Cristian Álvarez.
Yago Martínez e Noel Claro venceron e proclamáronse campións do Dacia Sandero Eco Cup Galicia a falta dunha proba mentres que no Volante FGA o primeiro posto foi para Joaquín Pérez e Adrián Muñiz,seguido de Alexis Vieitez e Antía García e Alejandro Castro e Héctor Taboada.
Por último, no Criterium Recalvi, primeiro posto para Adrián Regueira e Sergio Fernández, con Yeray González e Xoel Álvarez segundo (primeiros Beca24) e Eliott Gómez e Moncho Seoane, terceiro.
A derradeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia tera lugar no mes de outubro con motivo do Rallye San Froilán.