10 septiembre, 2024
Xa estamos aquí e a conta atrás chega ao seu fin. Todo preparado para vivir a gran xornada do fútbol sala galego e catalán. Este mércores 11 de setembro, na Festa Nacional de Cataluña, as Seleccións Galegas Absolutas de fútbol sala masculino e feminino enfrontaranse a Cataluña nun dobre amigable no Pavillón Nou de Santa Coloma de Gramenet.
A expedición galega xa está en territorio catalán. Os nosos e as nosas viaxaron este martes en avión rumbo á Cidade Condal desde o aeroporto de Santiago de Compostela e pola tarde realizaron o adestramento oficial previa á cita deste mércores no mesmo escenario dos partidos.
Horarios dos partidos
O horario dos partidos que terán lugar este mércores son os seguintes:
Precedentes
A selección galega absoluta de fútbol sala non xogaba desde o 2008, cando disputou un amigable contra a selección de Uruguai no pavillón A Malata de Ferrol. O equipo feminino absoluto xogou en 2017, xa con Rafael Louzán, na presidencia da RFGF, precisamente contra Cataluña, no pavillón santiagués de Santa Isabel.
Entrada de balde
As entradas para Cataluña-Galicia serán gratuítas e poderán recollerse unha hora antes de cada partido. É dicir, a partir das 12:00 horas pódense recoller as entradas para o partido feminino entre Cataluña e Galicia; e, a partir das 15.00 horas, pódense recoller as entradas para o partido masculino.
As entradas pódense retirar na billeteira que se instalará diante do Pavillón Novo de Santa Coloma de Gramenet e venderanse ata esgotar o aforo.
En directo na web da CRTVG e na TVG2
Ambos os partidos poderán seguirse en directo a través da páxina web da CRTVG ou a través da TVG2 en directo.
Convocatoria de Galicia
Diego Ríos, seleccionador galego masculino, e Bea Seijas, preparadora do equipo feminino, desvelaron as convocatorias dos nosos e das nosas para esta cita histórica.
As convocatorias para o regreso das Seleccións Galegas absolutas masculina e feminina de fútbol sala son as seguintes: