9 octubre, 2024
A Escudería Rallyactividad, organizadora do 30º Autocross de O Castro, tomou a decisión de aprazar, en consenso coa Federación Galega de Automobilismo, a séptima e derradeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross, que debería disputarse o sábado 12 de outubro.
Os efectos do temporal que percorre Galicia deixaron seriamente danado o trazado de Taragoña, polo que resulta imposible acondicionalo para esta fin de semana, máis cando aínda se agardan novas choivas que poden dificultar o desenrolo da proba.
Nas próximas horas a organización dará unha nova data de celebración da proba. O obxectivo, poñela en marcha canto antes para perxudicar o mínimo aos equipos inscritos.