31 octubre, 2025
Un ano máis ofrecemos a oportunidade de compartir a “viaxe branca” Interclubs, que terá lugar do 10 ao 17 de xaneiro de 2026 en Cerler (benasque-Huesca) con saída en bus dende Galicia.
Organizada por Clubs de Montañismo na que cada participante pode escoller, a maiores do paquete básico, contratar voluntariamente un forfait e esquiar libremente, inscribirse nun curso de esquí de travesía ou de esquí alpino de distintos niveis, alugar o material deportivo, contratar seguro, etc…
Os obxectivos da viaxe son:
Para comprensión rápida, o esquí alpino (ou o snowboard) é so para baixar mentres que a subida é por medios mecánicos; o esquí de travesía (tamén chamado esquí de montaña) é para baixar, progresar en plano, e subir polos teus propios medios.
Un ano máis organizamos a tradicional viaxe de “esquí alpino” (con curso opcional de distintos niveis) pero tamén a Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo) organiza 2 cursos de “esquí de travesía” (un de iniciación e outro de perfeccionamento), toda a información de estes cursos estará na web da FGM. Para os cursos de esquí de travesía haberá que estar obrigatoriamente federado/a FEDME, e para o curso de iniciación é obrigatorio, como mínimo, ter un nivel básico de esquí alpino (viraxe “solvente” en paralelo en pistas azuis ben pisadas).
Persoas maiores de idade (ou menores acompañadas), que cumpran coas indicacións dadas nesta convocatoria, e coas instrucións dadas ao longo da viaxe en prol da convivencia e seguridade. É importante entender que este é unha viaxe colectiva organizada por entidades sen ánimo de lucro, coa idea de compartir tempo e deporte con outras persoas, de xeito tranquilo, sosegado, e axeitado ao entorno.
10 Xan (sábado) – Comeza a viaxe en bus pola noite dende Galicia.
11 Xan (domingo)– Instalarse no hotel, recoller o material deportivo, e cear (é o primeiro servizo pagado de manutención).
12 Xan (luns) – Ata o 15 Xan (xoves) almorzar, esquiar, cear e durmir no hotel.
16 Xan (venres) – Almorzar, deixar as habitacións, esquiar, e ao remate da xornada deportiva, devolver o material alugado, e viaxe de regreso.
17 Xan (sábado) – Pola mañá chegar a Galicia.
O xoves 18 de Nadal ás 20.30h en Xuntanza informativa Interclubs Esquí 26 en NESTE ENLACE haberá unha xuntanza telemática ás 20.30h (importante participar) para concretar asuntos da viaxe, falar sobre material aconsellado, e calquera outra dúbida que xurda.
As estacións de esquí cobran por rescate nas pistas e/ou posible tratamento médico privado nas súas instalacións. Esa cobertura é unha responsabilidade persoal de cada participante, polo que recomendamos fortemente ou ter a licenza federativa FEDME en vigor (con extensión de esquí alpino), ou outro seguro como o ofrecido pola nosa axencia de viaxes. Dende os Clubs en ningún caso seremos responsables de gasto algún vencellado a este asunto (nin na montaña nin en Galicia). Os esquiadores/as de travesía, ao ser un deporte propio pola nosa Federación Galega de Montañismo xa está todo cuberto coa licenza federativa FEDME en vigor (que é obrigatoria para estes cursos).
INFORMACIÓN MÁIS COMPLETA, PRAZOS, RESERVAS E CONDICIÓNS: