29 octubre, 2024
– Un total de 250 xogadores das xeracións 2013 e 2014 participarán nesta nova convocatoria do formato “Xuntanza”, paso importante no programa de tecnificación 2024 – 2025.
– Os encontros, sen carácter competitivo, desputaranse de 09:30 h a 21:00 h horas no pavillón municipal de Esteiro e no pavillón do CEIP de Esteiro.
O concelleiro de Deportes do Concello de Ferrol, Ricardo Aldrey, presentou esta mañá, xunto ao representante FEGABA, en Ferrol, Jose Cobelo, a “Xuntanza Minibásquet 2024” que se celebrará este venres 1 de novembro na cidade departamental.
O Formato “xuntanza” configúrase como unha plataforma de seguimento e avaliación dos xogadores e xogadoras das xeracións 2013 e 2014. Nela, da man de diferentes adestradores chegados de toda Galicia, participan as seleccións das sete delegacións zonais Fegaba (A Coruña, Arousa, Lugo, Ferrol, Santiago, Ourense e Vigo) así como un dobre combinado autonómico baixo a denominación Galicia 2014. En total, un total de 250 xogadores serán os protagonistas
Os 16 equipos contarán cun calendario de partidos que permitirá encher a xornada de baloncesto e aprendizaxe pero afastándose do aspecto estritamente competitivo. O encontros desputaranse no pavillón municipal de Esteiro e no pavillóns do CEIP de Esteiro. Cada equipo xogará un total de dous partidos, que se desenvolverán entre as 09:30 he as 21:00 horas.
Ricardo Aldrey destacou a aposta de Fegaba por Ferrol, traendo á cidade “unha competición autonómica que atraerá a un milleiro de persoas” entre deportistas e as súas familias.
Pola súa banda, José Cobelo agradeceu ao Concello a súa colaboración, tendendo a man a futuros proxectos. Ambos animaron á cidadanía a achegarse a Esteiro este venres a descubrir este evento deportivo.