2 agosto, 2024
O Campionato Xunta de Galicia de montaña retorna a actividade esta fin de semana coa celebración da Subida a Estrada, quinta proba puntuable para o certame.
A proba pontevedresa, que nesta edición contará con máis de 70 equipos, repite no seu espectacular trazado, rápido e con zonas tremendamente técnicas.
Na loita pola victoria absoluta, dous nomes. Jacobo Senín aos mandos da Nova coa que logrou o triunfo en todas a probas autonómicas nas que participou esta tempada e Alexis Vieitez, que participará nesta ocasión na revisada Celtiv VM10.
Entre a sempre competida categoría reservada a Carcross, Alfonso “Pisko” Ventín parte como claro favorito ante rivais como Beni Porto, Abrahán Vázquez, José Ángel Rodríguez, Daniel Vidal ou Giovanne Iglesias, entre outros.
Ademáis entre os carrozados novo enfrontamento entre Jorge Pérez, Javier Carballo e Manuel Senra, os dous primeiros en Porsche 991 GT3 e o terceiro co seu xa habitual Peugeot 308 TCR. Non se pode perder a atención no resto de participantes da proba, con grandes loitas nas diferentes agrupacións do certame.
En regularidade, catro equipos con Breogán Abalde e Cristian Castro defendendo o liderato da categoría.
En canto os horarios, as verificacións opcionais comezarán o venres 2 de agosto ás 19:00 horas.
Xa no sábado, a partir das 08:00 horas, turno para as verificacións técnicas. A primeira manga de adestramentos do sábado comezará ás 15:00 horas, para disputar as dúas mangas oficiais xusto a continuación.
O domingo a competición comezará ás 09:00 horas coa segunda manga de adestramentos oficiais. Ao igual na xornada do sábado, as dúas mangas oficiais restantes celebraranse xusto a continuación.
A entrega de premios da Subida a Estrada será ao rematar a proba na Praza da Constitución da localidade pontevedresa.