A competición poñerase de novo en marcha a partir do próximo mes de novembro coa disputa das fases nacionais nas que Galicia tentará proclamarse campioa de España para acceder posteriormente á loita polo título europeo
20 octubre, 2025
Coa ilusión e ambición por bandeira. A campioa de Europa hai dous anos xa está en marcha coa vista posta na próxima aventura, a primeira fase nacional da Copa das Rexións UEFA. O combinado galego inicia un novo camiño, un novo ciclo co técnico Manolo García ao mando de todas as operacións.
A competición poñerase de novo en marcha a partir do próximo mes de novembro coa disputa das fases nacionais nas que Galicia tentará proclamarse campioa de España para acceder posteriormente á loita polo título europeo.
Para esta nova aventura, Galicia conta cun novo corpo técnico capitaneado polo adestrador Manolo García. O novo staff da Selección Galega que participará nesta nova edición da Copa das Rexións UEFA queda configurado da seguinte maneira:
Andalucía e Castela e León, os nosos rivais na primeira fase
A Selección Galega xa ten rivais para a primeira fase nacional da Copa das Rexións UEFA tras o sorteo que tivo lugar recentemente na sede da RFEF en Las Rozas. O sorteo nos deparou xogar en Castela e León contra a selección anfitrioa e a selección de Andalucía.
A selección galega xogará o sábado 29 contra Andalucía e o domingo 30 contra Castela e León. Andalucía e Castela e León abrirán o grupo o venres 28.
Toda a información do campionato, con calendario, pode consultarse no seguinte documento: COPA REXIÓNS UEFA
Nesta primeira fase clasificaranse oito equipos que disputarán en formato eliminatoria a un partido entre o 28 e o 29 de xaneiro. Os catro equipos que pasen xogarán polo título nacional do 27 de febreiro ao 1 de marzo.
Foto de archivo con el director artístico del Festival de Sanremo, Amadeus (izda), el músico italiano Beppe Vessicchio (3-izda) con miembros de la banda italiana Le Vibrazioni y la cantante Sophie Scott (3-dcha) de la banda británica Sophie and The Giants en el escenario del teatro Ariston durante el 72º Festival de la canción Italiana de Sanremo, en Sanremo, Italia, 04 de febrero de 2022. EFE/EPA/Riccardo Antimiani