2 octubre, 2024
Esta fin de semana dispútase no Estadio Nelson Mandela de Tudela o Campionato de España Sub16 e inclusivo por seleccións autonómicas organizado pola Federación Española de Atletismo (RFEA), baixo a colaboración da Federación Navarra de Atletismo e as Federacións de España de Deporte Adaptado.
A este encontro acude a nosa selección quen se medirá ao resto de combinados ca mente posta en lograr mellorar a cuarta posición en mulleres e a sexta en homes lograda na edición do ano pasado en Gijón.
Para elo desde a Dirección Tecnica da FGA se ten seleccionado a un total de 39 atletas que representerán e defenderán a elástica irmandiña para este encontro.
Entre os mesmos destaca a presenza do múltiple plusmarquista e campión de España Hugo Casañas quen tomará parte no concurso de disco como claro favorito a sumar a máxima puntuación para o casilleiro galego. Sen abandonar o sector de lanzamentos, a tamén bicampioa de España en peso e disco Aitana Capeáns do Rías Baixas terémola lanzando en disco sendo a praza de peso para Sara Caamaño do Barbanza, quen este ano remataba terceira no Estatal Sub16.
O tamén campión de España en martelo Javier Cid do Ourense Atletismo defenderá sobre o círculo de lanzamentos a súa mellor marca na presente tempada, e sen abandoar Ourense, o subcampión de España e plusmarquista galego Aaron Pérez do ADAS CUPA, loitará polo primeiro posto na area do foso de lonxitude.
A subcampioa de España Paula Fernández do SD Compostela nos 1.500 obstáculos, será outra das atletas importantes da nosa selección sobre o sintético tudelano.
Moita atención a Carmen Martínez ca segunda mellor marca no ranking na proba dos 3.000 m., Alba Morales do Marineda quen acredita o terceira rexistro estatal sobre a modalidade de marcha e a Olivia Gutiérrez do Celta, quen fai o propio grazas a súa cuarta posición no ranking dos 300 m.
De igual modo agárdase tamén boas actuacións por parte Lois García nos 100 m.; Olivia Gutiérrez do Celta sobre os 300 m., Lucía Cando nos 600 m, Xoel Franco nos 1.000 m., Alejandro Santos nos 3.000 m., Pablo Vázquez nos 1.500 Obstáculos, Guillermo Piñeiro nos 100 valos, Miguel Angel López en peso, Manuel Eirín en xavelina, Mateo Valcarcel en marcha e de Lydia Valdes en martelo, todos eles e elas situados nos postos top do ranking nacional.